Esa noite as ondas movianse enfurecidas contra o seu propio berce , entorpecianse coa area e chegaban rotas a veira da praia,e iban subindo pola paredes da terra só cá súa esencia ,só con eso , con nada máis ...
Iban cantando como a arouliños unha nana un tanto exótica pra ser galega , eu vía como a súa esencia luminosa se iba calcando nas paredes das casas , no chan , ata nos meus propios ollos... E vin como os homes iban salindo das casas enfeitizados por aquela brisa que agora tiña forma de muller ... os homes da miña terriña iban todos fóra todos marchaban lonxe , ai os meus homiños.
Pola mañán esa esencia perderase , as mulleres salían das súas casas en busca dos seus homes, pero nadie sabía nada , excepto eu .
Non temo polo que vín , xa son vella de máis para temer ao mar, ela tamén me arrincou o meu home, arrincoumo da cama, levouno e non volvín saber nada del , de aquela eu era unha moza xoven ,sen arrugas na fronte e con ganas de vivir, se cadra era a máis lerecha da aldea , se cadra por eso fun detrás del , detrás dela... Dende aquela non podo durmir, porque durmir é morrer aos poucos sen darte nin conta, e darlle poder a morte sobre ti , por eso eu non durmo...
Sei ben como son estás cousas que se toman por tolerias dos mariñeiros , agora as mulleres buscarán aos seus homes , talvez chamen a policía e buscaranos durante uns días despois todo se olvidará ao fin e ao cabo só son humildes mariñeiros.E elas durmirán pouco polas noites , e nesas horas de insomnio despertaráse a súa intriga unida ao desacougo , e sentarán ao carón de fiestra a esperar ,e esperar ; e faranse vellas e ao final dos seus días, como dos meus ,e daranse conta do que lles pasou aos seus homes pero , xa será tarde...
Como no meu caso , elas estaban tumbadiñas na cama pero no escoitaron nada , eu pola contra si ... contareivos como foi...
Alá iban xa uns 20 anos da miña vida cando coñecín a verdadeira cara do mar. Eu era das rapazas máis lerechas da miña aldea, solía sentarme na veiriña do porto a esperar que meu pai viñera do mar . O mar semellabame algo intocable , deso que desexas e pensas que nunca o poderás ter.
Ese día fixo demasiado sol pra estar en inverno , sentaba eu no meu sitio cando alguen me intentou empurrar, levanteime ca forza que probablemente nunca tivese , cando me xirei vino tal e como si fose unha pequena gota de ouro , un pequeno raio de sol que entrou no corazón . Tal vez foi un amor a primeira vista , xa fai anos que nin me recordo da súa voz.
Despois de casarnos e de mil historias que non veñen ao conto , asentaramonos nesta vella casa que era máis fermosa do que agora é, sempre dixen que el irradiaba demasiada luz para ser un simple home ... Nesa noite igual que na de fai uns días , estabamos na cama e a brisa enfurecida movia as ondas, derrepente todo calou , e empezou a sonar como un siseo que entraba pola porta e subía a esqueira e penetraba nas nosas cabezas , polo que puden contemplar máis na do meu home. A brisa soaba a unha extraña canción como se unha serea estiese cantando , el marchou , chameino millóns de veces pero el non escoitaba máis que esa maldita voz.
Seino , se fora unha muller normal quedaría na casa esperando , pero non iba deixar que me levaran ao meu home unha brisa vestida de sucia pendanga, levanteime e fun detrás del .Como el había moitos máis formando un escuadrón , tireille polo brazo pero nada , nin me sentía.
Non me dín por vencida puxenme diante del e dixenlle, o que levaba tanto tempo esperando decirlle ...
-Antonio estou embarazada, vas ser pai .
El empurroume con forzas e caín o chan, maldita pendanga, levanteime e puxenme diante dela , a súa mirada estaba perdida como a vida do meu home . Despertou do seu sono e miroume fixamente, extrañouse de que eu estivera ali e non durmindo como o resto das mulleres , mirou pra os homes e botou unha carcajada malévola ; pegueille ,tireille dos pelos, e mil infinidades de cousas , pero nada, derrepente o meu home despertou e foime protexer dela, pero ela volveu cantar e instantaneamente marchou de ali. Seguiron ledos sen mirar atrás . Cando chegaron o porto , ela arrimouse a un lado sen deixar de cantar , e os homes pouco a pouco foron tirandose ao mar , pero nunca os seus corpos apareceron. Nunca.
Esta noite o mesmo pasou , volveu a brisa , pero eu non estaba na ventana...levanteime cedo sabía que ia vir.
O recordo de Antonio flotaba na miña cabeza , collina e funa arrastrando , máis era simplemente unha brisa que ia facer contra ela....
Camiñando fun ata a veiriña do porto , instintivamente saltei ,a miña memoria borrouse entre axouxeres de escuma e ondas de pel.Agora só queda a miña sombra neste sitio, alguén toca o meu hombro , intenta empurrarme ,alí está Antonio.
- Botabache de menos cariño
- E eu a ti .
Quero , non ,desexo poder decirlle que nalgún momento estiven embarazada , pero non sei como esplicalo ,el sonrie , e dime:
- Mirate , que fermosa estás
Intento mirarme no reflejo do mar, pero non existe, só ai area. E na nosa sombra fermosa vese a xuventude, o noso amor. E só me podo preguntar , estou morta?
No hay comentarios:
Publicar un comentario