Desfiañanse as telarañas do pasado ,
dos recordos inmemorables
e de infinidad de cousas invisibles para ti .
Dos poucos asubios que nos quedan xuntos
só quedan engaiolados os mal augurios
nos que ei de vivir.
Gritan , o meu pai é o vento,
tan alto como o amencer,
tan frío como a rocha do máis frío alén .
E ti contestas en murmullos
do máis triste fin.
Non teño filla algunha,
non sei quen eres ti .
Das sospeitas silenciosas,
sempre hai alguen que di si.
Só ti , na penumbra máis negra
ficas espida decindo así,
lembranza dos asosegados
e insipidos días ,
que agora viaxan polo sendeiro ,
traxector de enrugas de pel.
Esquecendo os extraños garabatos
na miña pel ,que levan conmigo dende o berce de mel.
Enredando entre ti e mais eu ,
deixando atrás algo ,
invisible como o vento
silencioso no máis alá
só se despide ,
só marcha
xa nunca xamáis volverá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario